lunes, 5 de mayo de 2014

Letras Galegas 2014




Xosé Mª Díaz Castro naceu na parroquia dos Vilares, no concello de Guitiriz, o 19 de febreiro de 1914.
Procedía dunha familia labrega polo que Xosé María tivo que traballar en todo tipo de faenas agrícolas.
Os seus primeiros estudos realizounos na veciña escola de Buriz e continuounos na súa vila natal, na "Escola da Conchada", construída cos cartos enviados polos seus veciños emigrados en Cuba.
Aos quince anos ingresou no Seminario de Mondoñedo para seguir os estudos de crego e alí escribiu os seus primeiros poemas, chegando a publicar algúns no xornal "El Progreso Villalbés".
Ao deixar o Seminario estudou na Universidade de Salamanca, dedicándose ao ensino e ao estudo de diferentes idiomas, traballando como tradutor en Madrid. 
É autor dun único libro de poemas en lingua galega, "Nimbos", editado no ano 1961 e no que amosa a súa preocupación por Galicia e polos problemas de todo ser humano, a vida, a morte e o paso do tempo. Díaz Castro pertence á chamada Xeración do 36 xunto a Carvalho Calero, Celso Emilio Ferreiro e Aquilino Iglesias.
Este ano a Real Academia Galega dedicalle o Día das Letras Galegas pola defensa e uso que fixo do noso idioma.
Recursos:
Poema de Xosé María Díaz Castro, recollido no seu libro de poemas "Nimbos".
Recitado po lo seu amigo Manuel María


No hay comentarios:

Publicar un comentario