martes, 13 de noviembre de 2012

Blancanieves




Un año más se pone en marcha el programa de educación en valores "Cinensino". Con él se pretende proporcionar a los alumnos principios, orientaciones y herramientas para el desarrollo integral de la persona, fomentando actividades dirigidas a la práctica de valores y al desarrollo de habilidades sociales dentro del aula, en el hogar y en el ámbito social, con el fin de generar una transformación progresiva en los valores, actitudes y comportamientos del alumnado que actúen como factores de protección frente a los procesos aditivos.

Los alumnos de 5º y 6º asistimos hoy, en el teatro Jofre, a la proyección de esta película que es la primera de  las tres que veremos este curso. Ahora nos queda comentarla en clase y cubrir el cuaderno que nos entregaron. 

Sinopsis
Esta nueva versión del clásico cuento está protagonizada por Lily Collins y Julia Roberts, que interpreta a la malvada madrastra que reina en lugar de Blancanieves. Siete valerosos y rebeldes enanitos ayudarán a Blancanieves a prepararse para que pueda reclamar su derecho al trono, que le pertenece por nacimiento, y también a conseguir a su príncipe. Esta aventura está llena de comedia, celos, romance y traición. La película cuenta además con Armie Hammer, que interpreta al príncipe Alcott, y Nathan Lane como el torpe y desdichado sirviente de la reina.

viernes, 9 de noviembre de 2012

Semana micolóxica



No mes de novembro celebrouse en Ferrol a XXVI semana micolóxica. Os alumnos de 5º e 6º acercámonos ao Cantón onde nos esperaba Pepe, un mestre xubilado e gran coñecedor dos cogomelos, para explicarnos dun xeito moi agradable cousas do máis interesantes sobre estes seres.  Aprendimos a diferenciar as velenosas e alucinóxenas das comestibles. 

  

 

Fíxonos moita graza o nome de Peido de lobo,  e tamén pasámolo 
bárbaro cando nos fixo a proba 
de Pinocho, colleu un Boletus 
Bovino para saber si somos 
ou non uns mentireiros, se  o 
cogomelo queda pegado é que
 non dicimos a verdade. Demostrouse que todos nós 
mentimos algunha vez, todos menos á nosa mestra que non debe contar moitas mentiras porque a ela non lle quedou pegada. 




De todos os cogomelos da exposición parece ser que o máis saboroso de todos é o Boletus Edulis ( o rei dos cogomelos).

Neste enlace podedes ver máis fotos: Exposición cogomelos

miércoles, 7 de noviembre de 2012

O magosto





Hoxe, venres día 9, celebramos o noso magosto no colexio. Ademáis de comer unhas ricas castañas, participamos nuns xogos moi divertidos que nos tiñan preparados os nosos mestres.

 No xogo do tragacastañas non atinamos moito, xa que só fomos quen de meter dúas castañas no burato, grazas a boa puntería de Cristina e máis de Iria; mentres que os de 6º encestaron catro veces.


Á hora de xogar a manter a castaña na culler mentres avanzamos cara a meta estabamos un pouco nerviosos, todos pensamos que era máis doado, finalmente Noelia foi a primeira en alcanzar o obxectivo, así que parabéns para ela.

Pasámolo xenial, foi unha mañá moi divertida. David, o profe de música conseguiu vencer a todos os demáis titores, que tamén se apuntaron a participar coma os nenos. Como aplaudiamos todos animándoos!

Todos levamos para casa a nos medalla e un diploma para a clase como recordo da participación nestes xogos do Magosto 2012.

Pinchade para ver máis fotos:
Fotos magosto



Coñecedes este conto?   " A castaña que rebentou de risa"


Como sabedes no magosto cómense principalmente castañas, así que lede o seguinte texto para saber un pouquiño máis sobre elas:

A castaña

A castaña é un dos alimentos mais antigos da Humanidade. Dende o Paleolítico o home aproveitou e alimentouse de castañas e landras. Na relixión celta, o castañeiro debeu de ser venerado polos seus druídas, en compaña do carballo.
O castiñeiro foi a árbore do pan das nosas tribos antes da chegada dos romanos, comíanas asadas, ou facían fariña das castañas secas ou "pilongas", para alimentarse durante todo o ano.
Ate fai poucos anos, eran alimento base da poboación europea en forma de fruto fresco, seco, sen as súas peles, ou moída en fariña. No século XVI, viñeron as patacas e o millo de América, estableceuse a competencia e perderon pouco a pouco protagonismo na dieta campesiña, e moito mais ao ser atacado a nobre árbore por enfermidades como o "chancro" e a "tinta".
O número de castañeiros diminuíu en Galicia a pesares das repoboacións, diminuíndo tamén a producción cada ano. 
As castañas prodúcense en Outono e no momento exacto de probar o viño novo, producido en setembro, asi como nos días en que se acompaña o cocho sacrificado, como regulamento, no dia de "San Martiño", o dia 11 de novembro. As cidades medran e as tradicións esvaécense, pero aínda en aldeas, pobos e cidades, os homes lembran antigos pratos tradicionais que se comían en casa dos seus avós, feitos ou acompañados de castañas. 

Cociñades na vosa casa algún prato con castañas? Se está bo poderiades pasarnos a receta.



jueves, 1 de noviembre de 2012

Samaín





Chegou o Outono, e con el, o tempo da vendimia, das castañas, das longas noites de choiva, vento e frío. Pero tamén é o tempo do SAMAÍN, un tempo de tradicións e sobre todo, de medo, de moito medo.

  Canción Samaín

  Xogo do Samaín

  Fotos Samaín

Orixes do Samaín

Samaín, palabra gaélica, non significa máis que fin do verán, principio do inverno. Na antiga cultura céltica o tempo de Samaín, especialmente a noite do 31 de outubro ao 1 e novembro, era o período máis importante do ano. Eran datas claves para se reunir nos camposantos, comer o ritual e comunal porco de samaín e concelebrar as farradas festeiras dos guerreiros. Era a noite máis perigosa do ano: as portas do outromundo abríanse nesas horas e as ánimas eran quen de vir visitar este mundo e aos seus moradores: tantas veces para render contas inacabadas.
Para afastar dos seus castros as perigosas ánimas defuntas e errantes adoitaban poñer no alto das muradas, ou encastradas nas paredes, as caveiras iluminadas dos inimigos mortos en campaña. De aquí, dos ritos e crenzas célticas ao redor da caveira, vén a tradición europea de facer caliveras na cortiza dos melóns, oucabazos, ou calabazotes. Tradición que, grazas ás investigacións do profesor galego López Loureiro, sabemos que se estende por toda a antiga xeografía céltica europea e concretamente para o caso de España, por todas as zonas con presencia do elemento céltico ben documentado. En Galiza atopámola en toda a súa xeografía, non faltando esta tradición en ningunha das súas bisbarras e aportando un folclore similar aínda que dándolles nomes diferentes: calacús polas Rías Baixas, caveiras de melón en Cedeira, calabazotes en Ortigueira, colondros en Ourense...etc.
Sabiades que?
O Samaín é o antecedente europeo do Halloween americano. Tradición de orixe europeo foi levada polos emigrantes a terras americanas e de alí transmutouse nun carnaval outonal.