Hoxe, venres día 9, celebramos o noso magosto no colexio. Ademáis de comer unhas ricas castañas, participamos nuns xogos moi divertidos que nos tiñan preparados os nosos mestres.
No xogo do tragacastañas non atinamos moito, xa que só fomos quen de meter dúas castañas no burato, grazas a boa puntería de Cristina e máis de Iria; mentres que os de 6º encestaron catro veces.
Á hora de xogar a manter a castaña na culler mentres avanzamos cara a meta estabamos un pouco nerviosos, todos pensamos que era máis doado, finalmente Noelia foi a primeira en alcanzar o obxectivo, así que parabéns para ela.
Pasámolo xenial, foi unha mañá moi divertida. David, o profe de música conseguiu vencer a todos os demáis titores, que tamén se apuntaron a participar coma os nenos. Como aplaudiamos todos animándoos!
Todos levamos para casa a nos medalla e un diploma para a clase como recordo da participación nestes xogos do Magosto 2012.
Pinchade para ver máis fotos:
Fotos magosto
Coñecedes este conto? " A castaña que rebentou de risa"
Como sabedes no magosto cómense principalmente castañas, así que lede o seguinte texto para saber un pouquiño máis sobre elas:
A castaña
A
castaña é un dos alimentos mais antigos da Humanidade. Dende o Paleolítico o
home aproveitou e alimentouse de castañas e landras. Na relixión celta, o
castañeiro debeu de ser venerado polos seus druídas, en
compaña do carballo.
O
castiñeiro foi a árbore do pan das nosas tribos antes da chegada dos romanos,
comíanas asadas, ou facían fariña das castañas secas ou "pilongas",
para alimentarse durante todo o ano.
Ate fai
poucos anos, eran alimento base da poboación europea en forma de fruto fresco,
seco, sen as súas peles, ou moída en fariña. No século XVI, viñeron as patacas
e o millo de América, estableceuse a competencia e perderon pouco a pouco
protagonismo na dieta campesiña, e moito mais ao ser atacado a nobre árbore por
enfermidades como o "chancro" e a "tinta".
O
número de castañeiros diminuíu en Galicia a pesares das repoboacións,
diminuíndo tamén a producción cada ano.
As castañas prodúcense en Outono e no momento exacto de probar o viño novo, producido en setembro, asi como nos días en que se acompaña o cocho sacrificado, como regulamento, no dia de "San Martiño", o dia 11 de novembro. As cidades medran e as tradicións esvaécense, pero aínda en aldeas, pobos e cidades, os homes lembran antigos pratos tradicionais que se comían en casa dos seus avós, feitos ou acompañados de castañas.
Cociñades na vosa casa algún prato con castañas? Se está bo poderiades pasarnos a receta.
Cociñades na vosa casa algún prato con castañas? Se está bo poderiades pasarnos a receta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario