EXCURSIÓN Á GRANXA ESCOLA “RÍA DEL EO”
Os días 13, 14 e 15 de maio os alumnos de 5º e 6º de EP levantámonos moi cedo xa que tiñamos unha cita na estación de FEVE coas nosas titoras. Alí agardábanos o tren que nos levaría a Castropol (Asturias) e que tiña programada a saída para as 8,10 h da mañá. Ao cabo de 3 horas e vinte minutos chegamos ao noso destino.
Os monitores recolléronnos no apeadeiro e guiáronos ata as instalacións da granxa. Acomodamos a equipaxe nas habitacións que nos asinaron e xa de primeiras tivemos que facer a cama. Menudo lío! Para algúns foi moi traballoso, estirar as sabas e especialmente poñerlle as fundas as almofadas era casi un xeroglífico, pero ao final todos o conseguimos.
A continuación explicárononos algunhas normas de convivencia e as tarefas asinadas a cada grupo.
Durante os tres días de estancia participamos nun montón de obradoiros: fixemos papel reciclado, decoración de papel, candelas, broches de fieltro, pirograbado, xabón, pan, queixo…
Atendimos aos animais e plantamos leitugas na horta.
Tamén eramos responsables de poñer a mesa, recollela e secar os cubertos.
Todos os días tiñamos actividades deportivas como tirolina, tiro con arco, ruta en bici, paseo a cabalo e senderismo.
Durante o tempo de lecer podíamos xogar no exterior no campo de fútbol, na pista de baloncesto; ou na zona interior onde tiñamos futbolíns, mesa de hockey, tenis de mesa…
Polas noites, despois de cear facíamos veladas con xogos moi divertidos, coma o da momia e rematabamos na discoteca, movendo o esqueleto ao ritmo da música.
Ao final da xornada todos estabamos esgotados, pero non o suficiente coma para deitarnos e durmir sen máis, aínda quedaba moita noite para facer festa nas habitacións para desgraza dos monitores.
A maioría coincidimos en que o que máis nos gustou foi a disco e o que menos ordeñar a vaca.
Pero todo o bo se acaba, e o venres ás 21,11h estabamos de regreso en Ferrol. Por un lado con mágoa de que a aventura finalizara pero por outro ledos de atoparnos coas nosas familias e durmir nas nosas camas.
Agora quédanos agardar ao vindeiro curso para repetir a experiencia!
mayka de parte de uxio q las fotos se vwen fatal
ResponderEliminar